18 Mar

Cambios nos canles

A canle Natura deixará de ser emitida próximamente na nosa parrilla de canles. Estamos valorando a mellor opción, así que tan pronto decidamos, xa vos informaremos cal vai a ser a canle sustituta. Gracias pola vosa comprensión.

🙂

Comparte
22 Feb

Cambios recentes nos canles de Openor

Dende Openor ofrecemos ós nosos clientes de televisión sustitucións de canles e novas con respecto a outros. 

  • Recentemente, efectuouse unha sustitución do canle deCine polo novo canle Somos, canle con igual temática que o predecesor.
  • Garage TV deixa de emitirse por problemas burocráticos entre proveedores españoles e a respresentación do canle en cuestión. Próximamente saberemos en que remata esta situación.

Enviámosvos un saudo.

🙂

Comparte
22 Feb

Convenio asinado Opegal SL – CCA

opegal-simbolo-colorAs entidades Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) e Opegal Telecomunicacións S.L. asinaron neste mediodía un convenio anual de colaboración para o establecemento dun apoio mutuo entre ambas a fin de crear packs de telecomunicacións adaptados ás características do comercio local do Carballiño, ó mesmo tempo que se promociona a Opegal Telecomunicacións como un operador local multimedia e cunha atención personalizada e única no mercado. O proxecto concrétase no deseño de packs de servizo de telecomunicacións exclusivas para o comercio carballiñés e a súa adaptación ás características típicas dos pequenos establecementos comerciais, sempre con atención especial á demanda de necesidades que parta dende os propios asociados do CCA.

No acto de sinatura de ámbolosdous convenios, que tivo lugar nas instalacións de Carballiño TV, participaron Julián Garriga Crespo, presidente do Centro Comercial Aberto, e Gumersindo González Padilla, como representante de Canal 26 TV Carballiño S.L. e Opegal Telecomunicacións S.L.

Comparte
19 Xan

Blinda a seguridade da túa conta de Gmail en 5 pasos

Hoxe en día utilizamos o correo electrónico para todo, sendo unha das principais formas de comunicación xunto ca mensaxería instantánea. O seu éxito tambén trouxo cousas non tan boas, coma o SPAM, o phishing, correos con malware e un largo etcétera de problemas que nos podemos atopar a diario. Controlar a seguridade da nosa conta é clave para evitar ó máximo a probabilidade de vernos involucrados en hackeos e demáis. Os pasos serán os seguintes:

  1. Comproba a actividade da túa conta.
  2. Cifra ós teus correos.
  3. Activa autenticación en dous pasos.
  4. Accede co modo incógnito.
  5. A importancia dun bo contrasinal.

Fonte: http://ow.ly/XhbuZ

Comparte
31 Dec

Feliz Aninovo!

Imaxe corporativa de Openor (As Pontes)

Outro ano máis cambiamos xuntos de almanaque. Queremos desexarvos unha boa entrada de ano e unha feliz Noitevella a todos os que formades a familia de Openor.

Gracias pola vosa confianza. Non é papel mollado, somos o que somos gracias a todas/os vos. Por eso desexamos darvos as gracias, pola vosa comprensión en momentos de apuro, polos vosos ánimos, polas vosas palabras, por sentirvos identificados con nos… por todo eso, gracias!

Non está demáis darvos as gracias tamén por lograrmos ser a primeira operadora de Galicia (non nos vendemos a ninguén)entre todos, porque seguimos sendo unha empresa familiar dando trato persoalizado ca nosa máxima ilusión e dedicación en cada momento, e porque temos a mellor tecnoloxía para chegar ós vosos fogares dando un servizo á altura dos mellores

Gracias e feliz aninovo! 🙂

Comparte

made with sprite in As Pontes